A xente da Fundación Paideia Galiza achéganos a información das súas VI Xornadas de industrias musicais, que terá o seu paso na nosa cidade. Falarán sobre o proceso creativo detrás de unha canción.
Xoves 31 de marzo ás 19:00h no Nemonon (Rúa Marqués de Riestra 11)
Presenta: WÖYZA
Showcase: Paraíso Canto






Copiamos a info:
“ Xa podes inscribirte na primeira cita do VI ciclo de Xornadas de Industrias Musicais que organizamos anualmente coa colaboración da AGADIC Cultura de GaliciaXunta de Galicia, este ano baixo a idea “A volta in-perfecta”, na que debateremos sobre os novos retos e oportunidades da industria musical.
Na primeira xornada, que celebraremos o xoves 31 de marzo ás 19:00 en Pontevedra (Nemonon, Rúa Marqués de Riestra 11), falaremos con artistas e produtores sobre o proceso creativo detrás dunha canción. Contaremos coa participación dos produtores Kaki Arkarazo e @campicampon que traballaron entre outros para Vetusta Morla, Xoel López, Os diplomáticos de Monte Alto ou a Banda Bassotti. Presentará e moderará a cantante, compositora e produtora galega WÖYZA e contaremos co showcase de Paraíso Canto
As prazas son limitadas. Non esquezas reservar a túa a través da nosa web. Link en https://www.paideia.es/vi-xornadas-industrias-musicais/“