A xente de CUAC FM achéganos a información do XXIV Concurso de Bandas e Solistas que organizan.
Compartimos a información e adxuntamos as bases da convocatoria.
Prazo de inscripción: 13 de maio de 2022.
Poden presentarse bandas e solistas cun máximo de 15 cancións editadas. As bases explican cómo se contan esas cancións.
A inscrición deberá formalizarse a través deste FORMULARIO.
Existen 2 FASES do Concurso:
🔴 1ª FASE: exclusiva para bandas y solistas gallegos. Outogaranse 2 premios que consistirán na participación das bandas seleccionadas no Festival Noroeste Estrella Galicia que se celebrará en agosto en A Coruña.
🔴 2ª FASE: Premio a disputar na Batalla de Bandas e solistas na Sala Mardi Gras o 22 de outubro, entre os 2 proxectos que obteñen máis votos, excluíndo os ganadores da primeira fase.
Outogarase o Premio Eva Coyote, en memoria dunha roqueira que desenvolveu un intenso traballo en diversas facetas do mundo da música, falecida en 2021. Este premio entregarase á banda coruñesa que máis puntos conseguiu, excluídas as que puideron ser seleccionadas nas dúas fases anteriores.
Para solventar dúbidas enviade un email a: concursobandas@cuacfm.org
Organiza: CUAC FM 103.4
BASES: